As traballadoras da CUT, como parte da plataforma “Emerxencia Dependencia”, concentrámonos esta mañá ante o Parlamento galego -coincidindo co debate dos orzamentos do ano 2026- co obxecto de reivindicar unha partida xusta para o eido social que poida garantir a prestación de servizos públicos de calidade e en condicións dignas tanto para a cidadanía como para as traballadoras.

Reclamamos un sistema público dotado de recursos, persoal e servizos abondo para garantir a cobertura das necesidades dos galegos e galegas.
A plataforma “Emerxencia Dependencia” xorde da unión de diferentes organizacións, sindicatos, grupos políticos e colexios profesionais coa finalidade de denunciar os recortes, o desmantelamento e o absoluto colapso que está a sufrir o sistema galego de atención á dependencia.












