O pasado sábado 29 de abril, celebrouse a asamblea comarcal de Ribeira, que concregou unha numerosa asistencia da afiliación do Barbanza. Esta asemblea foi convocada para elixir a nova Executiva Comarcal, que quedou composta pol@s seguintes compañeir@s: Luisa Rego González, Begoña Piñeiro Alcalde, Charo Iglesias Torrado, Manuel Ayaso Sánchez e Andrés Fernández Bóo.
Como nova Secretaria Comarcal saíu elixida a compañeira Luisa Rego González, traballadora e delegada sindical da CUT en Conservas Paquito.No novo organismo de dirección sindical da CUT na comarca de Ribeira, hai que destacar a renovación maioritaria dos seus membros, así como a incorporación tamén maioritaria de mulleres.A asemblea comezou co informe de xestión a cargo do compañeiro X.Manuel Romero, anterior Secretario Comarcal. Tamén nesta xuntanza fíxose unha valoración do traballo feito polo sindicato ó respecto das Marchas da Dignidade, tanto na comarca como a nivel nacional. Esta asemblea valora como altamente positivo o resultado, desta proposta de mobilización sindical e social, e anima a seguir por esta senda de intervención sindical.