A CUT obtén representación en VIAQUA Ourense

182

Acaban de celebrarse as eleccións sindicais na empresa VIAQUA, en Ourense. Trátase da encargada de xestión de augas en distintos concellos como O Carballiño, O Barco e outros, ademais da propia capital da provincia. Esta empresa, que conta con máis de cento corenta persoas empregadas, vénse de elixir un comité de empresa formado por nove membros.Os resultados foron os seguintes: 5, UGT; 2, CUT; 1, USO; e un independente. O noso sindicato obtén representación nesta empresa que tamén ten asignadas concesións noutros concellos  de Pontevedra e A Coruña.