E O PIQUETE EMPRESARIAL?

78

 A convocatoria de folga pon en marcha, na dereita política, económica e mediática, os mecanismos de resposta máis reaccionarios. Mecanismos que, facendo un pequeno exercicio de memoria, lembran épocas pasadas que, pouco a pouco, queren volver a instalar na sociedade.
A folga, o dereito á reivindicación son factores que esta dereita quere desbotar das relacións laborais. A dereita política e económica quere que todo transcorra polas canles habituais e dicir pola vía da normalidade, pero son eles os que queren determinar o que é “normal” e o que non o é.  A convocatoria de folga pon en marcha, na dereita política, económica e mediática, os mecanismos de resposta máis reaccionarios. Mecanismos que, facendo un pequeno exercicio de memoria, lembran épocas pasadas que, pouco a pouco, queren volver a instalar na sociedade.

A folga, o dereito á reivindicación son factores que esta dereita quere desbotar das relacións laborais. A dereita política e económica quere que todo transcorra polas canles habituais e dicir pola vía da normalidade, pero son eles os que queren determinar o que é “normal” e o que non o é. Estes días nos medios de comunicación da dereita non se fala máis que da presión que os piquetes salvaxes exercerán o día 29 tratando de impedir que os traballadores que así o desexen poidan traballar con esa “normalidade” que se reclama como permanente.  A caverna mediática fai tempo que decidiu compartir espazo co poder económico máis radical, sácanse á luz, negro sobre branco, tics de sociedades pouco amigas das liberdades.  Artigos, comentarios e tertulianos pontifican sobre dereitos, sempre, claro está, dos que seguen as directrices que a súa liña política editorial marca, casualmente sempre destra.  Con cinco millóns de parados/as hai factores que pesan moito máis ca o feito de que uns traballadores lembren a outros que o día 29 é un día de folga, de loita xa non por acadar unha situación mellor, senón para que dereitos básicos non desaparezan.  En ningún medio de comunicación dos que atopas no quiosco, en ningunha emisora de radio, en ningunha canle de televisión se fala do piquete empresarial, si dese piquete que se activa moitas veces desde a clandestinidade da ameaza velada, outras é tan explícita coma as medidas que o presidente pirata da CEOE pide aos seus corsarios que actúen pechando a empresa, ao mínimo indicio de ameza ou cando non poidan realizar con normalidade o traballo habitual, significando que ese día non se aboará a ningún traballador, faga ou non faga folga, nin tan sequera se pagará aos que estean de baixa.  Aos empresarios, si de verdade lles preocupa o dereito ao traballo deberían ocuparse de proporcionarllo aos cinco millóns de parados que eles mesmos votaron á rúa sendo o campión dos despedimentos o seu propio patrón, o Sr. Díaz Ferrán.  Os traballadores/as temos que tomar conciencia de que si non actuamos esta calaña vai marcar o futuro das nosas vidas, non teñen pensado para nós máis ca un futuro de escravitude, da precariedade máis feroz.  De todos/as depende que non o consigan.  O DÍA 29 TODOS/AS Á FOLGA XERAL!