Por primeira vez na historia da multinacional GESTAMP a CUT terá representación nos seus Comités. Nesta empresa dedicada á produción de elementos de carrozaría e chasis, no corazón do sector da automoción viguesa, os resultados electorais outorgáronlle á nosa central sindical 2 dos 13 membros do Comité de Empresa.
Candidatándose só no Colexio de Especialistas (taller), a CUT gaña terreo nas auxiliares da automoción como sindicato alternativo, libre de subvencións, e en defensa dos dereitos e intereses da clase traballadora. Comeza unha nova etapa nesta mercantil na que compartiremos representación con CIG (6 membros), CCOO (3 membros) e UGT (2 membros). Que sexa para o ben das traballadoras e traballadores do sector e para recuperarmos os dereitos sacrificados por unha patronal hoxe desatada.