Dous milleiros de persoas tomaron as rúas do concello do Carballiño ao chamado das Marchas da Dignidade pola liberdade do veciño Emilio Cao, logo de que a Fiscalía lle pida case 6 anos de prisión pola multitudinaria mobilización polo Pan, o Traballo e o Teito celebrada en Madrid no 2014, acusado falsamente de agresións a axentes policiais.
A mobilización denunciou a montaxe policial e xudicial contra este mozo que ten declarado “Se me condenan tronzaríanme a vida por completo” nunha entrevista chave para o dixital galego Praza Pública.
Encabezaron a mobilización familia, veciñanza, e unha nutrida representación dos diferentes movementos populares de Galiza. Nas palabras de Emilio C
ao “Ver a toda esta xente na Praza Maior da miña vila faime sentir que non estou só”. Ao berro de “Emilio, amigo, Galiza está contigo”, continuará a mobilización popular pola liberdade deste compañeiro, que precisará de que sumemos todas as voces.
Video da mobilización de GalizaContrainfo.