A DISCRIMINACIÓN que se vai a producir durante esta parada, no sistema 2 en toda a fábrica, xa se produciu durante a anterior parada no taller de Ferraxe, no de Pintura i en Masillas. Por elo dende a CUT xa solicítamos o rexistro de xornada de tódalas persoas que tiveron carga de traballo aqueles días nestes talleres.

Ademais solicitamos a comisión do ERTE, na que só están os asinantes do mesmo, que especificaran os criterios de designación do persoal que acudiu o traballo estes días, incluso fora da súa quenda, mentres as persoas titulares deses postos quedaban na casa a consumir días de bolsa ou de ERTE. En ámbolos dous casos recibimos a calada por resposta.

Esta situación non só é culpa da empresa, tamén os asinantes do ERTE son os responsables de vixiar que non se produzan estas discriminacións. Esta é a principal función da comisión de seguimento da que forman parte.

Ante o silencio tanto da comisión como da empresa sobre as aclaracións que consideramos oportunas nesta situación. Formalizamos denuncia en inspección de traballo para que dirima si esta dirección coa complicidade dos asinantes do ERTE está a vulnerar o dereito das persoas traballadoras.

Xa bastante discriminatorio é este ERTE, sobre todo coas persoas con contrato a tempo parcial como para permitir que se sigan beneficiando @s de sempre

Non deixemos que se sigan lucrando a nosa conta. Reclamemos o que é noso.