Día da matria: amar a terra que nos fai ser

479

25 de xullo. Énchesenos a boca e o peito cando chegan datas sinaladas. E así debe seguir sendo. Pero temos que ser quen de erguer a nosa voz e o noso puño todos os días do ano contra quen ataca o que nos fai ser galegas e galegos. Contra os férridos, os escuros, que con proxectos coma Altri ou a mina de Touro acaban con nós, coa nosa terra.

Tomemos impulso de novo este día da matria para defender a terra que nos fai ser e a lingua que nos dá voz. Porque os ataques baixo un nome, un proxecto ou outro, non cesan e somos nós, o pobo, quen debe poñer as barreiras.

Viva Galicia! Viva o 25 de xullo!