DESPIDO NULO EN PSA
A Empresa condenada por vulnerar os dereitos fundamentais!!
O Tribunal Superior de Galicia, declarou NULO o despido do afiliado a CUT (David), e condena a PSA-Vigo, a súa inmediata readmisión:
Dito Tribunal, ao igual que fixera antes o de Vigo, considera que as acusacións que a empresa verteu contra David, non poden de ningún xeito xustificar o seu despido disciplinario.
A Sentenza do Tribunal superior considera probado que o traballador foi realmente despedido pola súa afiliación sindical a CUT, un Sindicato, que como o propio Tribunal recoñece, ten unha forte actividade de protesta e confrontación coa Empresa.
A CUT xa instou a Empresa, a que cumpra a sentenza e reintegre a David o seu posto de traballo, posto de traballo que xamais debeu abandonar.
A Dirección tan dada a sancionar os erros dos traballadores/as, ten que dar exemplo, e pedir perdón polo dano feito a David, e a súa familia.