Despedimos a Feijóo

165

Xulia Martínez Pedreira, profesora no ensino público, traballadora en precario e en fraude de lei quere adicar unha despedida á grande esperanza branca acollida polo partido da oposición en Madrid.

Preferir ser o líder dun partido político en decadencia institucional, corrupto e cheo de fanáticos nacionalistas españois, a seguir formando parte do grandioso país galego di moito dos prexuízos de Nuñez Feijóo, home adepto á contemplación interior e ao ego persoal en grao sumo; prometedor, entre bágoas, do seu apoio e nunca abandono ao pobo galego.

MENTIRAS E MÁIS MENTIRAS!!

Pero dá máis noxo aínda que a clase traballadora deste noso país, cos sindicatos á fronte non teña a ben concentrarse mañá ante o lugar de representación do pobo galego para recordar, ao mundo enteiro, a desfeita que deixa e o moito mal que poden facer as políticas a prol , sempre, dos amigos, das grandes empresas e da familia (no seu significado literal e figurado).

Parece non importarlle a ninguén que a clase traballadora leve varias lexislaturas do PP perdendo poder adquisitivo e dereitos laborais e mesmo ignorar o feito de levar 3 semanas sen un presidente e cun goberno en continuas liortas, tentando repartir e coller a mellor tallada dun territorio onde xa queda pouco que repartir.