DESPEDIDO en ITG (Frigolouro Porriño)

1292

O pasado mes despediron ao compañeiro da CUT, NÉSTOR GÓMEZ MELÓN da Empresa Industrial Tripera Gallega S.L, sita nas instalacións de FRIGOLOURO, onde traballa dende hai 15 anos.

15 anos, ( dinse pronto), nos que o compañeiro mantivo a súa coherencia como traballador en todos os sentidos da palabra, sendo responsable, defendendo o seu posto de traballo e, ao tempo, tendo claro que os dereitos dos traballadores/as e o respecto deféndense no día a día.

De feito foi delegado de persoal ata hai uns anos, e aínda que se volveu presentar, manobras da empresa conseguiron que non fose reelixido.

O primeiro dato curioso é que veñen a amonestalo ata despedilo, xustamente ao remate do tempo da mísera protección que teñen por lei os representantes sindicais.

Os motivos que argumenta a empresa non son sequera dignos de mención. O certo é que despiden ao compañeiro por ser raro, por facer o seu labor como delegado honradamente no seu momento e por manter a dignidade como traballador. E isto, no contexto no que nos atopamos, é unha cousa moi rara. Lévase máis tragar con todo, agochar a cabeza e falar baixiño.

Esta empresa, que sempre pagou tarde mal e arrastro, na que os salarios non son dignos de envexa, e na que o trato e o respecto polos traballadores e traballadoras loce pola súa ausencia, ten o mesmo problema que a maioría das empresas (por non dicir todas): non lles gostan os delegados, non lles gostan os sindicatos, non lles gosta a democracia; por non querer non queren sequera TRABALLADORES/AS, o que queren son ESCRAVOS/AS SUMISOS. Eis o problema de fondo.

Mais se esta EMPRESA, I.T.G ou FRIGOLOURO (que ten moito que ver con todo isto), CRE QUE CON ESTE DESPEDIMENTO VAI EVITAR PROBLEMAS, ESTÁ MO EQUIVOCADA.

IMOS DEFENDER QUE NÉSTOR SEXA READMITIDO, pois con todas as contradicións, é o seu posto de traballo e imos defender que aínda que a empresa non mereza traballadores coma NÉSTOR, aínda que a empresa non goste de repectar e ser educada cos traballadores/as, TERÁN QUE FACELO.

NESTOR READMISIÓN

O XOVES 21 ÁS 13:30HS. NA ENTRADA DE FRIGOLOURO PORRIÑO FAREMOS UN REPARTO INFORMATIVO.