Desconvocada a folga no frío en PESCANOVA

83

Vinte catro horas antes de que se produciran os paros nos centros de frío de Chapela e Porriño de PESCANOVA, tivo lugar unha xuntanza entre a representación empresarial e o Comité de Folga. Nesta xuntanza chegouse a un acordo onde foron recollidas e melloradas as peticións das persoas traballadoras. PESCANOVA garante que no caso de darse un expediente de extinción por parte da empresa que subroga a unidade de frío (e de calquera que sucesivamente poida subrogar esta unidade) colocará ás persoas afectadas de novo en PESCANOVA.

De novo quedou patente que só coa loita sindical contundente e apoio solidario de todas nós conseguimos os obxectivos.