A forza e a unión das traballadoras e traballadores consegue parar o plan presentado polo departamento de persoal do Concello de Santiago de Compostela, a presidenta da Mesa Xeral de Negociación (a concelleira delegada) decide suspender por escrito a mesa do 5 de abril, para abrir un período de diálogo e de estudo que permita chegar ao maior consenso.
A Plataforma pola estabilización e a consolidación do Concello de Compostela celebra una asemblea de urxencia na tarde do luns 29 de abril na que, dende o respecto a todas as partes, pero sobre todo dende e a unión das traballadoras e traballadores que levan sufrindo esta situación de desamparo dende hai moitos anos, decídese democraticamente, desconvocar a folga como mostra de boa vontade ante o movemento do departamento de persoal.
Agradecemos a valentía de todas as persoas que forman parte da plataforma, a valentía para facerse oír, para organizarse e para decidir os seus propios pasos e a coherencia de querer ser escoitados nun proceso que lles afecta directamente.
As nosas felicidades, este plan vaise negociar e acordar grazas a vós.
A CUT é consciente de todas as dificultades que esixe este proceso e está disposta a traballar para un resultado coherente, acordado e xusto.