A folga anunciada polas traballadoras de Sistem, empresa encargada do mantemento das liñas de alta velocidade, queda desconvocada logo de que a dirección, presionada pola mobilización e a firmeza do persoal, accedese finalmente ás reivindicacións.
A convocatoria urxente de negociación rematou nun acordo que evita a escalada do conflito laboral. A empresa viuse obrigada a acoller as demandas co fin de evitar a folga.
Unha vez máis a loita e a presión sostida serven de exemplo para a conquista de dereitos: dende o vindeiro mes aplicarase unha nova fórmula máis xusta para o pagamento das nocturinidades. As traballadoras percibirán este novo cálculo con efectos retroactivos dende o mes de xaneiro deste ano, xunto co aboamento tamén retroactivo das dispoñibilidades.
Este avance reafirma a necesidade de organizarnos para garantir condicións laborais dignas.












