O Comité de Folga chegou a un acordo coa empresa para desconvocar a folga indefinida prevista dende hoxe. O acordo acada a pretensión principal dos traballadores e traballadoras, que non era outra que non ligar o salario á produtividade, criterio agora extendido entre a patronal con obxectivo de ligar o noso traballo a nosa capacidade de produción sen límite algún, é dicir, o escravismo. O acordo deixa pois de lado a produtividade e supón unha suba do 2,5%.Os compañeiros e compañeiras de FRIVIPESCA, do GRUPO PESCANOVA, deron unha lección de dignidade ao afrontar esta situación nun contexto de grande dificultade para a clase traballadora, nun contexto de medo e shock. Dende a CUT felicitamos a súa dignidade e bo facer dos delegados Luis Bar e Andrés Rivera.