Hoxe volvemos estar nas rúas para expresar con contundencia que non imos ser cómplices da farsa que montaron o goberno, a patronal e os sindicatos traidores para aprobar unha nova reforma que, como todas as anteriores, vai ir contra a clase traballadora.
Fixemos as rúas nosas para lembralle ao goberno que nós temos memoria e sabemos quen sen esconde detrás das palabras baleiras e das declaracións demagóxicas. Nós somos suxeitos con conciencia de clase e nada vai impedir que actuemos en consecuencia.
Hoxe comezamos un camiño de retorno ás rúas, as que outras só utilizaron para chegar a pisar a moqueta e salóns dos pazos reais. Nós querémolas polos adoquíns e o piche, querémolas porque sabemos que é nelas onde imos gañar o noso futuro. O grito de todas as que estábamos ali foi unánime: derrogación si ou si.