Baixo o lema “Eu non manipulo, e ti?” e “En Defensa da creación dun Consello de Informativos”, nace a páxina web eunonmanipulo.wordpress.com.Traballadores e traballadoras da TVG analizan neste blogue o tratamento de diversas informacións ao tempo que denuncian, unha vez mais, a manipulación informativa que se dá nos telexornais do ente público.
A páxina trata de evidenciar o tratamento informativo que se lles dá a certas novas, especialmente aquelas de caracter político onde o goberno Galego ten algo que ver.
“As distintas varas de medir” ou “Minimizan a resposta social aos desafiuzamentos” son algunhas das novas analizadas.O blogue creado polo Comité de Empresa da TVG demanda ao mesmo tempo a creación do estatuto profesional que establece o artigo 36 da Lei 9/2011 de Novembro dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, que contempla a creación do Consello de Informativos da CRTVG.