Sanidade:
- Control sobre os centros e recursos sanitarios privados, para poder reaccionar con rapidez e eficacia fronte á COVID, e asegurar a atención do resto de enfermidades. Mellorar ratios e contratación de persoal, rastreadores, creación de máis camas UCI, reforzo da atención primaria.
- Devolver ao público actividades privatizadas: limpeza, transporte sanitario, cociñas.
- Incrementar a inversión en sanidade publica en relación ao PIB.
Educación
- Manter a educación presencial, coa óptica pedagóxica de evitar que se ensanchen as fendas lingüística, social e dixital.
- Reducir os ratios de alumnado a 15 por aula.
- Incrementar a inversión en educación pública en relación ao PIB.
- Ante a posibilidade de novos gromos, combater a fenda dixital.
- Garantía de funcionamento, en condicións axeitadas, dos comedores escolares.
Reforzar os coidados
- Coidados de persoas maiores: Creación de comisións coa participación de residentes, familiares e traballadoras para analizar e acordar medidas que aseguren a prevención e unhas condicións de vida digna para as persoas residentes. Devolver ao público servizos privatizados, mellorar ratios e realizar contratacións de persoal.
- Coidado das persoas achegadas: Licenzas pagadas para o coidado dos e as achegadas enfermas ou confinadas, así como flexibilización de horarios polo mesmo motivo, tanto no ámbito público coma no privado. As medidas para os coidados non poden recaer novamente sobre as mulleres.
- Coidado de conveciños e conveciñas: Planificación para apoiar as persoas enfermas e confinadas, así como os colectivos que necesitan especial atención (persoas maiores, menores de idade, persoas con diversidade funcional, residentes en casas de acollida ou pisos tutelados, mulleres que sufriron violencia machista, migrantes sen papeis, persoas sen fogar). Prevención e intervención ante as consecuencias que o medo, o estrés e o illamento xeran na saúde física e mental. Reforzar os servizos públicos para facer fronte á violencia machista, facendo máis contratacións e intensificando a atención.
- Demandar un sistema público comunitario de coidados.
Garantir o emprego e a saúde de todos os traballadores e traballadoras
- Instamos a elaborar unha nova política de emprego aos gobernos para garantir un salario mínimo digno, unhas pensións que permitan vivir con dignidade, medidas para acabar coa fenda salarial e complementar o salario en caso dun expediente de regulación de emprego temporal.
- Medidas de prevención eficaces para evitar o contaxio no traballo. Ademais, establecer planificacións para facer fronte aos riscos psico-sociais derivados da actual situación de estrés, medo e presión.
Medidas para impulsar a economía local
- Declarar a hostalaría sector especialmente prexudicado e tomar medidas consecuentes con dita consideración, entre outras, a moratoria das hipotecas e alugueiros, así como exencións fiscais. Os establecementos beneficiados por ditas medidas non poderán realizar despedimentos, deberán complementar os ERTEs e deberán regularizar a situación dos traballadores e traballadoras.
- Propoñemos un acordo social a favor do comercio local, limitando as actividades das plataformas que se basean na precariedade dos riders.
Garantir as necesidades sociais básicas
- Transporte: reforzar os servizos para posibilitar o mantemento das distancias, realizando novas contratacións e incrementando frecuencias.
- Vivenda: ningún desafiuzamento; exoneración do pagamento ou axudas para aquelas persoas que non poidan pagar a hipoteca ou o alugueiro. Garantir a vivenda como dereito subxectivo e poñer medios públicos para facelo. Ningunha persoa sen teito.
- Alimentación: Programa para asegurar a alimentación básica, reforzando as redes para que a atención chegue a todos os fogares que o necesiten.
- Prestacións sociais: Garantir un ingreso mínimo a todas as persoas solicitantes, incluídas aquelas en situación irregular que garanta unha vida con dignidade para todas as persoas.
- Enerxía e auga: prohibir o corte de subministro en caso de impago das familias.
Ningunha persoa é ilegal
- Esixir á Unión Europea políticas que non deixen morrer as persoas migrantes no mar. Poñer fin á necropolítica.
- Políticas para acabar cos campos de persoas migrantes e garantir unha vida en dignidade para quen migra a Europa.
- Esixir o fin das guerras e as agresións imperialistas que destrúen países enteiros provocando fluxos migratorios masivos.
- Declarar Europa como terra de acollida.
- Demandamos a regularización de todas as persoas en situación irregular, como garantía para respectar os seus dereitos.
Garantir os dereitos laborais
- Garantir o dereito a folga e a actividade sindical.
- Medidas efectivas para que as e os traballadores non perdamos a vida e a saúde nos nosos postos de traballo. Aumento dos Cadros de Inspección de Traballo.
- Dereito á conciliación entre a vida laboral e a vida persoal. Non á flexibilización laboral e reparto de traballo e salario. 35 horas semanais de traballo.
- Acabar coas diferenzas laborais entre homes e mulleres. Medidas efectivas contra o acoso sexual nos centros de traballo.
Stop á represión social e sindical
- Derrogar as leis que facilitan a represión política e social.
- Derrogar a represión como instrumento para neutralizar a loita sindical e social.
Os pobos teñen dereito a decidir o seu futuro político, económico e social en liberdade
- Defensa do dereito de autodeterminación dos pobos.
- Defensa da inquebrantábel soberanía dos pobos e denuncia da inxerencia externa na soberanía doutros países.
- Defendemos un modelo que garanta a sostenibilidade do planeta, e que antepoña a vida aos intereses económicos do capital. Fronte á Unión Europea dos estados e do capital, defendemos a integración entre os poblos nunha Europa social.
- Defensa da vontade libre e democraticamente expresada pola cidadanía como mecanismo para solucionar conflitos nacionais e territoriais.