CUT secunda a folga deste 23 de xuño en Froiz

439

A Central Unitaria de Traballadoras decidiu apoiar a folga que terá lugar mañá venres, 23 de Xuño, en Froiz.

A CUT somos parte do Comité de Traballadoras en Froiz Pontevedra pero non formamos parte da mesa negociadora do convenio. As centrais sindicais que si participan nela non nos trasladan máis información da que teñen as traballadoras.

O noso compromiso é a defensa dos dereitos e intereses das persoas traballadoras do Froiz e, cando as mesas negociadoras non son máis que unha cortina de fume para non dar nada, non queda outra que dar unha resposta contundente. É por iso que A CUT VAI SECUNDAR A FOLGA convocada pola CIG este 23 de Xuño.

O noso traballo debe ser remunerado con salarios dignos e non con subas irrisorias. A nosa saúde laboral precisa de medidas reais que traten as nosas doenzas. A nosa conciliación non pode estar sometida aos intereses da empresa. É imprescindible establecer xornadas continuadas e tamén as de luns a venres.

En definitiva, sobran motivos para secundar esta folga e cremos que a base do éxito é a unidade sindical.

É hora de saber onde está cada quen.

A CUT COA FOLGA DO DÍA 23!!! 

Sección Sindical da CUT Froiz