A CUT rinde homenaxe en Donostia a Rafa Díaz despois da súa saída de prisión

165

O xoves día 5 de outubro a CUT estivo presente en Donostia convidada polo sindicato irmán LAB. O motivo non era outro que recoñecer a labor do ex Secretario Xeral Rafa Díaz e rendirlle homenaxe despois da súa saída de prisión, onde estivo coma preso político do Estado español.

No mesmo acto fíxose unha xuntanza de delegados e delegadas baixo o título de “Soberanía para o cambio social” que rematou cunha manifestación polas rúas de Donostia.

A CUT transmitiu a súa solidariedade con Rafa e con todos os presos e presas políticas, extensiva ao pobo catalán nestes días que nos está a mostrar o camiño axeitada para recuperar palabras coma liberdade, democracia e independencia. O mesmo camiño que nos levará a superar os marcos que parecían inamovíbeis, é dicir, España e a UE para poder construír o futuro da clase traballadora, para escribir a nosa historia.