CUT-Ensino volve insistir no seu desacordo coa celebración da OPE 2020

399

Levamos anos denunciando esta OPE de “estabilización” é unha fraude e un engano. Incúmprese a Directiva 1999/70/CE. Estas oposicións non son a forma de estabilizar. As institucións da Unión Europea xa o deixaron claro, pero parece que Europa tan só é escoitada para o que convén.

O que se nos vende como unha mellora nos dereitos das persoas que figuran nas listas de substitucións e traballaron (a non obrigatoriedade de presentarse ao proceso), non fai máis que revelar a verdadeira natureza da OPE. É dicir, como pode ser que nun proceso de estabilización se lles permita ás persoas a estabilizar que non participen? Unha auténtica tomadura de pelo.

Por outro lado, dada a situación de pandemia, de verdade é tan necesaria realizar a OPE? Cal é o problema en esperar para evitar que os dereitos das persoas aspirantes non sexan vulnerados pola existencia da COVID? Estas preguntas teñen unha resposta sinxela, mais o señor Feijóo, sentado sobre a súa maioría absolutísima parece non importarlle para nada as vidas e dereitos das súas traballadoras presentes e futuras.

Suma e sigue nos despropósitos, nas especialidades de FP a parte práctica realizarase por escrito, xusto aquelo no que as aspirantes con experiencia no traballo poden destacar. Unha vez máis priorízase o memorístico, seguimos no século XIX polo que parece.

E por último as datas de realización, isto xa é un clásico, por que facelas no peor momento do curso? Correccións, reclamacións, avaliacións, o momento de máximo estrés do curso, pero semella que as traballadoras aspirantes poden con todo, xa dixo Feijóo durante o confinamento que as profesoras podíamos ser heroínas, é o momento de demostralo.
Polo tanto ata que non se cumpra co establecido na Directiva 1999/70/CE por motivos de seguridade e saúde exiximos a paralización desta OPE.

Apoiamos tamén a inciativa das compañeiras de #Opoñomeaestaopo e a continuación reproducimos o seu manifesto en contra das oposicións, que suscribimos na súa totalidade.

#OPOÑOMEAESTAOPO Manifesto Oposicións Educación Xuño 2021

A Consellería de Educación ven a publicar unha nova medida para a realización do proceso
selectivo de Mestres/as, Profesorado de Secundaria e de Formación Profesional, que se levaráacabo en Xuño de 2021.
Un grupo amplo de opositoras/es de Galicia, entre os que se atopan futuros docentes, interinos e substitutos, manifestámonos novamente en contra desta celebración, co fin de evitar poñer en risco a saúde e a estabilidade de milleiros de persoas (arredor de 27.000 persoas opositoras convocadas e 1500 persoas pertencentes aos 359 tribunais para todas as especialidades) dada a actual situación de pandemia que estamos a vivir, declarada así pola OMS.

Porén recollemos TRES grandes motivos que sustentan este manifesto:

1. A falta de seguridade:

O proceso de vacinación do profesorado iniciouse a finais de febreiro e, aínda
prevendo que o colectivo se atope “inmunizado” na práctica da súa totalidade, non se debe esquecer que é probable que a maioría dos opositores que se presenten por primeira vez e docentes en situación de baixa laboral e/ou incapacidade temporal non se atopen vacinados nos meses de xuño-xullo. Esta realidade fainos escoller entre a asistencia a un proceso selectivo ou a non asistencia por mor do risco que supón a exposición a tantos contactos.

Por outra banda, é bastante probable que a segunda dose da vacina poida coincidir cos inicios do proceso selectivo. É dicir, comezar a realización dos exames cos efectos adversos que poidan aparecer trala vacinación e que se sabe, tras esta primeira experiencia, que son bastante comúns: fatiga, dores musculares, febre e malestar xeral, entre outros.

Debemos sinalar, ademais, que haber sido vacinado non evita que as persoas poidan transmitir o virus e, este falso mito da inmunización, afecta tanto a opositores como a  membros dos tribunais.

En engadido ao anterior, segundo a proposta da Consellería, todo aquela persoa aspirante que se atope en situación de illamento, enfermidade da Covid-19 ou embarazadas só terá como data límite o 10 de xullo, sen posibilidade de alternativa no caso de ter que seguir  en illamento e sen ter en conta que unha persoa contaxiada pode ter afeccións máis  severas. Isto sitúaos nunha situación discriminatoria que non é posible tolerar nun  proceso selectivo destas dimensións.

Igualmente, sinalar a situación de vulnerabilidade na que se deixa a aqueles opositores e membros de tribunais que viviron de cerca falecementos por Covid-19 entre os seus próximos, aqueles que teñen familiares de risco (nenos con cancro, inmunodeprimidos, embarazadas, maiores…) que de ser contaxiados poderían ver comprometida a súa vida ou aqueles que, superando a enfermidade, na actualidade seguen facendo fronte ás graves secuelas que esta deixa.

Incerteza dos participantes (opositores e membros do tribunais) ante a posibilidade de que persoas positivas Covid-19, se presenten ás probas, ben por ser descoñecedoras de estar contaxiadas (sen síntomas), ben por ter como última alternativa o 10 de xullo.

Un dos maiores riscos da Covid-19 é a aparición de novas variantes. Manter altas taxas de incidencia na poboación está desaconsellado pola comunidade científica precisamente para evitar novas variantes. Con cerca de 27.000 opositores e 1.500 membros de tribunais, estamos contribuíndo á aparición dunha nova variante galega da Covid19? Tamén se debe ter en conta que a xuntanza dun número tan alto de participantes pode contribuír á  aparición de novos gromos na nosa comunidade autónoma.

Nunha das últimas roldas de prensa, o mesmo presidente da Xunta de Galicia sinalou que o 93% dos casos de Covid-19 eran debidos á cepa británica, para a cal segundo as investigacións actuais non é moi efectiva a vacina de AstraZeneca. Ademais está habendo problemas con esta vacina en diferentes países europeos que de feito cancelaron a súa administración á espera dunha investigación, co cal cabe a posibilidade que en España  suceda o mesmo e se deixe de administrar dita vacina co cal docentes que aínda non a recibiron poden quedar sin ela ou incluso retrasar a administración da segunda dose.

Casos de Covid-19 persistente: entre un 5% e un 10% da poboación que se contaxia, presenta a enfermidade de maneira persistente durante meses. Estas persoas presentan síntomas para os que non hai ningún protocolo nin tratamento. A estas persoas a  atención médica préstaselle fundamentalmente por vía telefónica, tamén se lles dá a alta médica por vía telefónica. Sen estar a día de hoxe claro se estas persoas con sintomatoloxía se atopan aínda enfermas e por ende contaxiadoras ou son sufren os síntomas e/ou as secuelas. Nestes casos de Covid-19 persistente, que medidas se van tomar? Poden asistir ás probas? Recordamos que tan só se lles ofrece unha data alternativa, o 10 de xullo.

2. Dificultade nos desprazamentos:

A todo isto hai que engadir o descoñecemento total de como se atopará a situación nos meses de xuño-xullo, especialmente, aqueles relacionados cos peches da hostalaría e a restrición da mobilidade, pois son moitas as persoas aspirantes e membros de tribunais que deberán desprazarse, comer e incluso durmir fóra do seu domicilio. Deste suposto, tampouco se garante a igualdade de oportunidades no acceso a un posto público.

3. Circunstancias nas que se van realizar estas oposicións:

É convinte un novo aprazamento das oposicións debido á dureza do presente curso en
opositores, persoal interino e substituto e posible persoal dos tribunais, que se materializa nosseguintes apartados:

O desgaste psicolóxico producido pola fatiga pandémica, que xa se aprecia non só na comunidade educativa, senón tamén na sociedade en xeral. Este é un aspecto de gran relevancia xa que non é solo un problema sanitario de índole física senon tamén psicolóxica. O termo fatiga pandémica está abalado pola OMS e cada vez hai máis voces no mundo médico e científico falando das súas consecuencias. Non é xusto que unhasoposicións que por lei se poden celebrar o próximo ano se leven a cabo neste sin ter en conta a situación psicolóxica de milleiros de opositores. Se para a nosa vida en xeral se fala dunha nova normalidade tamén se debe ter en conta de cara a unhas oposicións ata que poidamos recuperar na medida do posible a antiga normalidade.

Outro aspecto a sinalar da proposta da Consellería: “As especialidades nas que teñan dificultades para conformar os tribunais, poderían incluír persoal doutras comunidades”. Esta medida resulta incoherente unha vez máis. A Comunidade Autónoma atópase  pechada a calquera persoa, sen embargo a Consellería de Educación pretende solicitar mestres doutras autonomías, co risco sanitario que isto supón. Ademais, onde quedarían os dereitos dos participantes de poder examinarse en galego? e, como se pretende que estes tribunais formados por docentes doutras comunidades poidan chegar a entender certos recursos de índole cultural ou patrimonial se non lle son familiares? Desta forma, formúlase de novo a vulneración de oportunidades na subxectividade da avaliación das probas.

Temos dereito a coñecer as medidas sanitarias fronte a un contaxio ou posibles contactos con positivos e quen se fará responsable se iso acontece. Ante un procedemento selectivo a Consellería de Educación non pode derivar a responsabilidade nos opositores polo simple feito de ser opcional a asistencia de interinos e substitutos. Esta responsabilidade tamén recaerá nos membros dos tribunais?

Cómpre recordar que os eventos multitudinarios seguen a estar prohibidos polo goberno de España por supor un risco para os asistentes e a poboación.

Pode chegarse a pensar que é un ERE encuberto, xa que no lugar de tratar de reducir a taxa de temporalidade do colectivo, estase convidando a que as persoas con máis tempo traballado non asistan.

Tendo en conta o artigo 23.2 da Constitución Española, recollido no Título I. De los derechos y deberes fundamentales, indícase o seguinte: “Los ciudadanos tienen el  derecho a acceder encondiciones de igualdad a las funciones y cargos públicos, con los requisitos que señalen las leyes”.

Coa convocatoria de oposicións no ensino de xuño 2021 estánse vulnerando os nosos dereitos fundamentais como opositores e dificultando o acceso a un posto público en  igualdade de condicións e oportunidades.

Por todo o anteriormente, a Xunta de Galicia e a Consellería de Educación deben  PARALIZAR E ADIAR A CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS DE XUÑO DE 2021 para evitar  que sexan impugnadas polos motivos enumerados anteriormente e así asegurar o acceso á condición pública con TODAS AS GARANTÍAS E DEREITOS para os opositores.

Xa para finalizar, sinalar que a solución que ofrece a Consellería e que implica a non obrigatoriedade de asistencia do persoal interino e substituto que teña o seu posto  consolidado ao mencionado proceso selectivo, NON nos parece ACEPTABLE. A non  participación vai no menoscabo dos dereitos dos que, POR SAÚDE, deciden non acudir.
Santiago de Compostela, a 16 de marzo de 2021

#Opoñomeaestaopo
Colectivo de opositores