Despois dun traballo incansábel dos compañeiros e compañeiras que apostaron por unha nova práctica sindical na empresa e da celebración das eleccións sindicais nas diferentes provincias e centros nos que Viaqua se encarga da contrata do suministro da auga e dos sumidoiros, a CUT vén de convertirse na primeira forza sindical neste empresa en todo o país.Despois de acadar os dous delegados da provincia de Ourense e ser elevada á maioría do Comité da cidade de Compostela, a CUT vén de gañar as eleccións na provincia da Coruña, onde con 6 delegados e delegadas dun total de 9 recibiu a confianza masiva do cadro de persoal. Comeza agora un traballo duro por marcar unha dinámica sindical nun Comité Intercentros que ten que se poñer ao servizo dos intereses das traballadoras e traballadores de Viaqua e abandonar antigas posicións timoratas. Comeza unha nova etapa sindical en Viaqua e toca estar á altura.