CUT asiste ao 2º Congreso do SAT que nomea a Óscar Reina como voceiro
Unha delegación da CUT composta polo noso Secretario Xeral Manolo Camaño e o noso Secretario de Organización Ricardo Castro, participou esta fin de semana en Gilena ao 2º Congreso do Sindicato Andaluz de Traballadores/as (SAT) que se celebrou baixo a lenda “Andalucía Libre”.Este 2º Congreso foi tamén o da despedida do veterano voceiro do SAT Diego Cañamero, que segundo a crónica do propio sindicato “despediuse da portavocía nacional pedindo perdón aos seus compañeiros e compañeiras polos erros que puidera cometer, o que espertou o aprauso xeralizado do Congreso. Na súa alocución, destacou que todo o que fixo foi motivado polas súas ideas e os seus principos, procurando sempre a defensa dos dereitos humanos e a xustiza social”.Óscar Reina convértese agora no novo voceiro do noso sindicato irmá, cun discurso en defensa do afortalamento da central andaluza e o seu papel activo na defensa da clase traballadora. A CUT remitiulle formalmente os seus saúdos e comprométese a avanzar, como ata o de agora, man a man co SAT na procura dunha solución integral para a clase traballadora na que non medien panos quentes. Proseguindo a transformación social que só as traballadoras e traballadores poden construír.