A CUT esixe a intervención inmediata do presidente da Xunta, Alfonso Rueda e do delegado do goberno, Pedro Blanco, para garantir a integridade psíquica, física e a propia vida das tripulantes galegas Sandra Garrido e Manu López, da Sumud Global Flotilla, que Israel mantén como reféns dende o seu acto de pirataría internacional.
Ningunha das novas que chegan sobre a situación das presas en Israel for con carácter xeral ou for sobre as solidarias secuestradas é tranquilizadora. Nas últimas horas téñense advertido a posíbel práctica actos de tortura e humillación que se estarían a desenvolver co silencio sumiso e cómplice das administracións europeas e que se deben aclarar de maneira urxente.
A preocupación do noso pobo polas nosas nacionais increméntase despois de termos coñecemento do seu trasladado á prisión de Saharonim, no deserto do Neguev.
A CUT exixe que Alfonso Rueda e Pedro Blanco se involucren de inmediato nas xestións diplomáticas para a súa liberación, dando conta nas próximas horas da súa situación persoal con probas públicas do seu estado, sen que sexa confiable a versión da diplomacia sionista que os mantén confinados.
. Contra o silencio e o crime: FOLGA XERAL.












