Hoxe na Coruña unhas 1.000 voces do sindicalismo alternativo (CUT e CGT) e movementos sociais (15M e StopDesafiuzamentos) saímos á rúa para darlleao 1 de Maio un verdadeiro carácter reivindicativo. Para facernos ouvir contraas políticas antisocias e os recortes neoliberais que o monicreque gobernocentral e a súa delegación en Galicia aplican sen piedade á clase obreira e ácidadanía galega.Contra o pacto social que predican os de sempre, hai cidadáns que estamosdispostos a dar alternativas en defensa dos intereses da clase obreira.A manifestación que tiña como lema CONTRA O SISTEMA, ORGANÍZATE E LOITA, discorreudesde a Praza de Pontevedra até a Praza do Humor. Entre as consignas máis berradas destacou a reclamación da folga xeralindefinida como medida de resposta á altura das agresións que estamos a sufrir.
Viva a Loita Obreira, Viva a Loita Social contra o Sistema