O Comité de Traballadoras de COPO IBÉRICA S.A, en Mos, con cinco delegados da CUT e catro da CIG, vén de convocar folga indefinida a partir do vindeiro 4 de decembro.
Nos últimos dez anos a empresa arrimou o conto do lobo insistindo en que non había carga de traballo, e contando o conto recortaron dereitos e conxelaron salarios. Desta vez, a plantilla traballadora decidiu que xa bastaba de contos, que agora tócanos a nós escribir o seguinte.
Despois de varias xuntanzas da mesa negociadora conseguiuse sacar a proposta patronal de garantir a flexibilidade, conseguiuse un aumento salarial e mellora de dereitos que non son suficientes para acadar un acordo, pechándose a empresa na última oferta cando estábamos próximos a unha solución. A asemblea dixo non a esta proposta e viuse abocada a esta convocatoria de folga: dixo basta de recortes e sacrificios pola nosas parte, toca gañar.
O día 4 comeza a folga, agardamos que a empresa reflexione porque máis lle vale pactar un acordo que sufrir as consecuencias desta folga.