O xulgado do social número 6 de Vigo vén de dar a razón á CUT nunha demanda por vulneración de dereitos fundamentais e de discriminación para coas persoas con contrato eventual en COPO IBÉRICA.
“As traballadoras eventuais desta empresa de automoción viguesa quedaron fóra da negociación do calendario vacacional, non tendo máis opción que gozar das súas vacacións cando a empresa unilateralmente decide.”
As traballadoras eventuais desta empresa de automoción viguesa quedaron fóra da negociación do calendario vacacional, non tendo máis opción que gozar das súas vacacións cando a empresa unilateralmente decide. Isto é unha clara discriminación con respecto ás persoas con contrato indefinido, como así precisa o maxistrado, nunha clara vulneración de dereito fundamental.
A Central Unitaria de Traballadoras nunca dá as costas ás persoas con condicións laborais máis precarias e, malia que outra central sindical presente no comité se mantivo a carón da empresa tanto dando o visto bo ao calendario como no acto do xuízo defendendo as teses de COPO IBERICA, na CUT fomos quen de demostrar que todas as persoas traballadoras temos os mesmos dereitos e non se pode discriminar en función do tipo de contrato.
A Directiva 1999/70/CE do Consello da Unión Europea de 28 de xuño do 1999, establece na súa cláusula 4, “Por lo que respecta a las condiciones de trabajo, no podrá tratarse a los trabajadores con un contrato de duración determinada de una manera menos favorable que a los trabajadores fijos comparables por el mero hecho de tener un contrato de duración determinada, a menos que se justifique un trato diferente por razones objetivas.”
“Esta sentenza pioneira representa un paso firme a futuro de cara á defensa da non discriminación das persoas traballadoras en función do seu tipo de contrato.”
A discriminación das persoas traballadoras en función da duración do seu contrato é unha práctica habitual na meirande parte das empresas. Esta discriminación é tan común que semella que ata a sociedade o ten interiorizado como algo normal. Mesmo algúns sindicatos autodenominados de clase a promoven e incluso a defenden ante a xustiza.
Esta sentenza pioneira representa un paso firme a futuro de cara á defensa da non discriminación das persoas traballadoras en función do seu tipo de contrato.