O sector da automoción, ten cada vez mais peso na economía da Comarca de Vigo, e a súa bisbarra, empregando a milleiros/as de traballadores/as. Creáronse polígonos industriais e adaptáronse infraestruturas, e incluso o urbanismo das cidades ou pobos, para dar satisfacción a Citroën e o Clúster da Automoción de Galicia. Foron mais de 200 millóns de euros de subvencións publicas os investidos no sector nos últimos anos, tanto indirectamente, como directamente mediante axudas que foron concedidas a Citroën e os seus provedores, sen exixirlles un compromiso de mantemento do emprego e de carga de traballo.Agora, coa aprobación de ampliación do polígono de Zona Franca de Vigo, o que se busca por parte desta multinacional, é crear almacéns e espazos loxísticos o seu redor, non sendo xa preciso ter os proveedores preto do centro de fabricación, aumentando a marxe de tempo para poder traer pezas dende países coma Portugal ou Marrocos, como xa comeza a suceder na actualidade, para o aumento da súa marxe de beneficios.
Baixo o paraugas da competitividade, e coa escusa de reducir os costes para adquirir o novo vehículo (K9), namentres os/as traballadores/as do sector ségueselle pedindo rebaixas e conxelacións salariais para reducir costes, con condicións de traballo precarias, estase perdendo emprego na Comarca e na súa bisbarra, pola deslocalización de empresas, e da súa carga de traballo cara outros países. A ninguén se lle escapa, que o empobrecemento e perda de emprego e carga de traballo, ten repercusión na economía da Comarca de Vigo e da súa bisbarra. O futuro do sector debe de pasar polos investimentos que se fagan nas empresas xa instaladas, pero tamén pola responsabilidade social destas que reciben millóns de euros en axudas publicas baixo subvencións de todos e todas, exixíndolles un compromiso claro de mantemento do emprego e carga de traballo.A coordenadora do automóbil da CUT, que engloba diferentes Centros do sector da Automoción de Galiza onde temos presenza e representación sindical como (Citroën, Faurecia, Denso, Copo Ibérica, Dalphi, Maier Ferroplast, Antolin, Gestamp, etc…) estamos solicitando unha campaña de información a cidadanía de Vigo e a súa bisbarra, e realizando xuntanzas cos alcaldes e alcaldesas onde están instaladas empresas do sector como Vigo, Nigrán, Redondela, Mos, Porriño, Salvaterra, Salceda, etc…, e organismos como Zona Franca de Vigo, Autoridade Portuaria, Deputación de Pontevedra, Consellería de Industria da Xunta de Galicia, así como dos diversos partidos políticos, para que xunto coa cidadanía exixan a Citroën e o Clúster da Automoción, un compromiso real de inversións, de non deslocalización de emprego e da súa carga de traballo no sector, polas axudas recibidas.POLO FUTURO DO SECTOR E DA COMARCA!!!