Conxelación Salarial

131

Dende o ano 2014, os salarios dos traballadores/as de PSA están conxelados. Esta conxelación no 2017, representa unha perda superior os 200€ de media no salario base.

No ano 2014 o sindicato amarillo en solitario decidiu que cobrabamos demasiado, e no nome de tódolos traballadores/as aceptou unha baixada salarial que comprendía:

  • Creación dun novo nivel de ingreso: cun salario de 845´76€ menos o ano para os traballadores/as de novo ingreso.
  • Conxelación salarial: 200€ menos ingresaremos este 2017.
  • Desaparición da Antigüidade: 234´20€ menos por trienio cada ano.
  • Desaparición do Complemento de Presenza: 513´19€ menos cada ano.
  • Redución do Complemento Fixo de Noite:  375´1€ menos cada ano.
  • Redución da Nocturnidade: entre 242€ e 855´8€ menos cada ano.
  • Redución Complemento Cabina de Lacas: 1.400€ menos cada ano.
  • Redución Complemento Fin de semana: 1.768€ menos cada ano.

Baixada salarial que foi ratificada polos asinantes do Convenio no ano 2015, para eles os traballadores/as tamén cobrabamos demasiado.

Grazas os asinantes os traballadores/as perdimos, perdemos e perderemos cartos. Por moito que algúns nos queiran vender que novas pagas ligadas a obxetivos nos achegan a Europa, non esquezades que son os mesmos que antes nos achegaron os países de baixo custe.

O ano 2016 pechou cun IPC do 1´5%. Antes da sinatura do “ATRACO SALARIAL”, o finalizar o ano as táboas salariais se regularizaban con respecto o IPC. Con ese sistema tódolos traballadores/as veriamos incrementado o noso salario base nun 1´5%, unha media de 325€.

Se sumamos esta perda a tódalas anteriores estariamos falando dunha perda acumulada de 2.000€ para un traballador de oito horas, perda moito maior para un traballador/a de noite, de lacas ou de fin de semana, podendo alcanzar cifras superiores os 7.000€.

PLAN DE FORMACIÓN 2017 (1ºparte)

O Venres, reúnese o Comité de Empresa para opinar sobre o Plan de Formación 2017.

Dende a CUT  xa temos solicitado que a Empresa nos aporte a totalidade da documentación nun idioma oficial e non en francés. Así coma a memoria económica xustificativa de dito plan de formación; unha parte importante da formación impartida vai ser subvencionada con cartos públicos. No 2016  recibiu mais de medio millón de Euros. A empresa so aporta unha parte da documentación e pretende un posicionamento favorable do Comité de empresa. A cegas?