Convocatoria de folga indefinida en Copo Ibérica

139

O luns 11 de decembro ás 6 h comezará a folga indefinida en Copo Ibérica, empresa que fai subministro a Stellantis e Volkswagen, tras bloquear a dirección de Copo Ibérica a negociación do Convenio Colectivo. 

A asemblea de traballadoras apoiou con 123 votos, 13 en contra e 3 votos en branco que se a empresa non retira da mesa de negociación condicións abusivas para o cadro de persoal secundarían una convocatoria de folga por mala fe da empresa e abuso na negociación. A empresa finalmente non aceptou a decisión do plantel. 

A imposición da empresa Copo Ibérica consiste en non aceptar incrementos en base ao IPC en igualdade de condicións para todas as persoas traballadoras. Tamén pretende a empresa penalizar economicamente ás persoas traballadoras por acollerse aos permisos de conciliación marcados no R.D 5/2023, como impoñer contratos de luns a domingo. 

“Xa foi condenada esta empresa por vulnerar o dereito a folga no 8M, por discriminar na escolla de vacacións a persoas con contrato eventual, ou por facer modificación substancial das condicións de traballo ilegalmente.”

Entende ademais Copo Ibérica que se o Comité de empresa non acepta as condicións abusivas que a empresa pretende aplicar, non aceptarán que as súas traballadoras poidan acollerse ao Decreto que regula a xubilación parcial e que finaliza o 31 de Decembro, facendo con esto un claro chantaxe á plantilla. 

Xa foi condenada esta empresa por vulnerar o dereito a folga no 8M, por discriminar na escolla de vacacións a persoas con contrato eventual, ou por facer modificación substancial das condicións de traballo ilegalmente. 

As traballadoras, en base ao abuso patronal, irán á folga INDEFINIDA o vindeiro 11 de Decembro.