Convocatoria de folga en Urbaser-Redondela

97

O comité de empresa denuncia o incumprimento persistente do convenio laboral nunha empresa dependente de ACS que recibe cada ano 1 millón de euros do Concello.

En palabras de Alberto Covelo, delegado da CUT na empresa, “a situación na empresa en Urbaser Redondela é escandalosa, con persoas contratadas de fóra de Redondela que cobran dous mil euros a final de mes en pago a non se sabe que favores”. O representante da CUT na empresa entende que é ao propio Concello de Redondela a quen lle corresponde velar pola situación laboral na empresa e por esixir a remisión periódica de informes sobre o seu funcionamento. “Na nosa opinión”, sostén Covelo “o servizo da recollida do lixo debería ser xestionada directamente polo Concello, pois a situación actual o único que favorece é o enchufismo e que uns poucos se enriquezan co traballo de todos, pero aínda así, na situación actual de servizo subcontratado, o Concello debe esixir tamén que se cumpran unhas condicións laborais mínimas”.