O día 1 de Setembro, deu comezo o proceso electoral para a elección dos representantes o Comité de Empresa en Citroën Vigo. Por primeira vez na súa historia a Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) en solitario, presenta candidatura neste centro de traballo, o mais grande do noso país.Elixiranse un total de 33 Membros do Comité 6 para o Colexio de Especialistas e Cualificados, e 27 para o Colexio de Especialistas e non Cualificados (os curritos) onde a CUT con data 11/09/14 vén xa de formalizar perante a mesa electoral central a súa candidatura composta por 36 persoas.A CUT aspira a obter representación nun centro de traballo de importancia estratéxica, onde os sindicatos hexemónicos SIT-FSI, UGT, C.I.G, CC.OO son completamente mansos e obedientes coa dirección da fábrica, e non son quen de ofrecer unha alternativa real que vele polos intereses dos/as traballadores/as.