Convocada Folga para o día 17 en conservas Alonso

81

No día de onte, as representantes d@s traballador@s comunicaron á dirección da empresa, e dúas horas máis tarde á Delegación da Consellería de Traballo en Vigo, o preaviso de convocatoria de Folga na Conserveira Antonio Alonso, S.A. de Bueu. A asemblea de traballador@s acordou dar o paso da Folga Indefinida en resposta á actitude da empresa de non dar marcha atrás nos despedimentos d@s seis traballador@s.Tamén está xa na rúa o chamamento @s veciñ@s de Bueu e da comarca do Morrazo, para asistiren á manifestación que terá lugar en Bueu este venres, ás 19´30 horas desde a Praza do Concello. Desde hoxe, a megafonía, os panfletos e as faixas penduradas por toda a vila, chaman o pobo a solidarizarse c@s compañeir@s despedidos.
O deseño de loita obreira está feito, agora está por ver se o traballo subterráneo dos lacaios ao servizo da patronal, será quen de romper a decisión de enfrontarse á decisión de Conservas A. Alonso S.A.
A CUT reitera que non negociará en ningún escenario que non sexa ca readmisión previa d@s traballadores despedidos.
O manifesto de chamamento á manifestación do venres pódese descargar aquí.