O persoal de limpeza dos edificios administrativos da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela decidiu en asamblea convocar folga para os días 30, 31 de xaneiro e 1 de febreiro, logo de que tanto a empresa concesionaria SAMAÍN (pertencente a CLECE) e a Xunta de Galicia non recoñezan o dereito en toda a súa extensión do complemento de posto de traballo (graos I e II ).
O persoal de limpeza está equiparado á estrutura salarial do persoal laboral da Xunta de Galicia.
Despois de moitas mobilizacións o persoal dá un paso máis coa convocatoria de folga estes tres días. Se a patronal e a administración non ceden nas reivindicacións lexítimas do persoal de limpeza, a asamblea decidirá a prolongación da ferramenta da folga e mobilizacións ata acadar os obxectivos.
A loita é o único camiño!