CONVERSATORIO SOBRE EMPREGO NO FOGAR

64

A Asociación de Inmigrantes Gondwana, integrada con esta Central Sindical no Foro Galego de Inmigración, celebra este sábado ás 16.30 horas no seu local compostelá (Rosalía de Castro 98, 1º), un conversatorio sobre os dereitos do sector do emprego no fogar, que actualmente ocupa nun 97% a mulleres, maiormente inmigrantes.Ao fío da campaña “Ninguén sobra nunha crise”, seguen a se artellar dende o Foro Galego de Inmigración inciativas dirixidas a desvelar nas entrañas do racismo institucional e lexislativo, cales son as lóxicas profundas de certas reformas consideradas positivas e necesarias polo poder, e que chegan a poñer en risco a supervivencia do sector inmigrante do pobo traballador.Así, nesta oportunidade, será desgranada a nova Lei de Emprego no Fogar dende unha perspectiva práctica, para socializar o coñecemento entre as traballadoras do sector dos seus dereitos máis inmediatos, así como para repensar fórmulas de reivindicación.