Contundente vitoria da CUT nas eleccións sindicais do NH COLLECTION de Compostela

356

O persoal do HOTEL NH COLLECTION de Compostela revalidou e ampliou a súa confianza na CUT nas eleccións sindicais que se celebraron o pasado mércores 26 de abril. A nosa central conseguiu o 100% da representación en xogo, formada por tres delegadas, unha vitoria contundente que, despois de moitos anos de tensa loita nese centro pola dignificación das condicións laborais, demostra que outro tipo de sindicalismo non só é posible senón que é necesario.

Leo, Alex e Pili, que se encargarán nos vindeiros catro anos de defender os dereitos dos compañeiros e compañeiras deste sector absolutamente precarizado, agradecen a confianza e asumen a responsabilidade de seguir traballando arreo, mesmo con folgos renovados pola forza desta contundente vitoria.

Facémoslle un recoñecemento moi especial á compañeira Dina polo traballo e o compromiso diario durante todos estes anos de loita sindical.

Parabéns a Pili, Alex e Leo!

A loita polos nosos dereitos continúa.