CONTRA A PRESENZA DE JEALSA NO SÁHARA OCCIDENTAL

88

Segundo a ONU e o Dereito Internacional as empresas estranxeiras ou particulares non deben facer negocios co Estado ocupante dun país recoñecido como Territorio Non Autónomo (caso do Sahara) cando a actividade empresarial se realice no territorio invadido ou cos seus recursos. Con todo, JEALSA constituíu cun socio marroquí a empresa mixta DAMSA, que explota unha fábrica conserveira no Aiún. JEALSA transgrediu a resolución da ONU e aproveita a forza das armas marroquís para enriquecerse. JEALSA convértese así en cómplice dun espolio ilegal. Ningún xornalista pode ir ao Sahara libremente a investigar que ocorre porque enseguida expúlsano, ou limitan os seus movementos de tal maneira que lle impiden traballar. Ademais, aos seus contactos saharauís detenos a policía marroquí para meterlles medo e que non volvan falar con estranxeiros. Marrocos impuxo a Lei do Silencio e do Terror. JESÚS ALONSO, o presidente de JEALSA é o seu cómplice, ten na súa man retirarse do Sahara e non o fai porque non quere. Axúdanos a que os responsables de JEALSA reconsideren a súa actitude e retírense xa do Sahara Occidental ocupado!!! A cidadanía honesta non queremos ser cómplices de negocios ilegais. Pídelle a JEALSA que o seu negocio sexa limpo e que respecte os Dereitos Do pobo Saharauí. Axúdanos a informar a todo o mundo de cal é a realidade denunciando prácticas inxustas como as que realiza JEALSA no Sahara e que favorecen os intereses empresariais duns poucos, á conta do sufrimento terrible de moitos As sociedades e os individuos non deben moverse soamente polos seus intereses económicos senón, e sobre todo, polos seus ideais e valores de xustiza e paz. O respecto dos Dereitos Humanos é a pedra angular en que deben basearse o resto das nosas actividades. Sen o respecto aos Dereitos Humanos non valen os beneficios económicos. O noso traballo debe desenvolverse nos límites do dereito respectando aos pobos que aínda non lograron expresar a súa voz por culpa da violencia e das armas. Non abandonemos ao poboo irmán saharauí.   Asinado: Western Sahara Resource Watch (WSRW) Asociación de Solidariedade Co Pobo Saharauí (SOGAPS)