Contra os Pactos da Moncloa

435

Ninguén dubida de que o acontecido pola COVID-19 marcará un antes e un despois: a diferenza está na análise que fagamos das causas da crise, da súa xestión e, seguindo a moda pos (posverdade, poscapitalismo, poshistoria…), do poscovid. Imos por partes.

Para nós, está ben claro que a irrupción deste virus mostrou a crueldade do capitalismo na súa fase actual. Fomos testemuñas, activas ou pasivas, nos últimos 12 anos, dos recortes que sufriron todos os servizos públicos e, con esta crise sanitaria, vivimos a firmeza destes recortes: falta de camas, falta de recursos, falta de persoal, falta de hospitais, centros de maiores privatizados onde a vida era subxugada ao capital, emprego precario que deixa sen recursos a miles de persoas traballadoras, empresarios que non pagan impostos a cambio da doazón de mascarillas… nada novo aprendemos.

perversión semántica da ministra de Traballo, que sendo avogada laboralista, permítese a licenza de dicir que aquela persoa traballadora que está nun ERTE non está no paro ou que un permiso retribuído é recuperábel; esta linguaxe é propia da CEOE, medo dan estes lexisladores de “esquerdas”.

Por outra banda, chegou a COVID-19 da man dun autodenominado goberno de progreso composto polo PSOE e UNIDAS PODEMOS. Do PSOE xa o sabiamos todo, de UNIDAS
PODEMOS quedaba algo por saber, e mellor tería sido manternos na ignorancia. Ambos os dous partidos posicionáronse, por un lado no malabarismo político e, polo outro, na perversión semántica. A súa solucións a unha crise que ten coma máximos responsábeis aos partidos que xestionaron os recursos públicos dende a transición (agás os poucos anos da UCD, sempre PP e PSOE, os mesmos que asinaron a Lei 15/97 que abriu a porta á privatización da Sanidade) non é outra que a UNIDADE DE ESPAÑA. As medidas adoptadas só teñen que ver co recorte dos nosos dereitos fundamentais e con esa perversión semántica da ministra de Traballo, que sendo avogada laboralista, permítese a licenza de dicir que aquela persoa traballadora que está nun ERTE non está no paro ou que un permiso retribuído é recuperábel; esta linguaxe é propia da CEOE, medo dan estes lexisladores de “esquerdas”.

Dende a CUT asistimos con pavor a estas roldas de prensa militarizadas, ás rúas tomadas polo exército, ao recorte dos nosos dereitos e á alienación ideolóxica á que nos queren someter. Falan hoxe de que estamos nunha situación similar á posguerra da II Guerra Mundial, falan dun novo Plan Marshall, pero non falan de que eles son Joseph Goebbels, “unha mentira repetida mil veces rematada coverténdose en verdade”. Minten todos os días por acción ou por omisión, e o seu mantra é a unidade de España, o todos a unha, o desta saímos xuntos, todos somos culpábeis, hai que repartir a desgraza…

Haberá un POSCOVID-19 e vai ser terríbel para a clase traballadora porque o capital non perdoa, precisa poñer a toda marcha a súa máquina de acumulación e nós, a forza de traballo, imos ser sobreexplotadas unha vez máis.

Haberá un POSCOVID-19 e vai ser terríbel para a clase traballadora porque o capital non perdoa, precisa poñer a toda marcha a súa máquina de acumulación e nós, a forza de traballo, imos ser sobreexplotadas unha vez máis. Agárdanos unha situación de violencia estrutural e excendente
sen comparación nos últimos 50 anos, agárdanos unha represión brutal, agárdanos a
precarización da precarización e os mesmos que hoxe nos piden colaboración, os mesmos uniformados que hoxe algúns aplauden dende o balcón serán os que nos repartan hostias ata deixarnos sen alento.

medo a que haxa algunha reacción por parte do pobo traballador, ante o que nos están a preparar. Esta é a razón principal da súa presión ideolóxica no discurso, da súa insistencia na unidade, na bandeira española do facherío e na recuperación dunha linguaxe que no subsconciente colectivo pode estar asentada como positiva

O sistema ten un pouco de medo, moi pouco, pero medo a que haxa algunha reacción por parte do pobo traballador, ante o que nos están a preparar. Esta é a razón principal da súa presión ideolóxica no discurso, da súa insistencia na unidade, na bandeira española do facherío e na recuperación dunha linguaxe que no subsconciente colectivo pode estar asentada como positiva. Velaí situamos o mantra dos Pactos da Moncloa. Os aparellos do Estado comezaron a moverse para convencernos de que esas tres palabras serán a pócema máxica que o solucione todo, serán a bolsa onde meterán todas as reformas neoliberais e antiobreiras imaxinábeis e a fórmula para que o pobo trague é a do sacrosanto consenso.

O consenso consiste en asinar o que o capital quere: se o fas, estás no xogo (repartos de cotas de poder, de cartos, de corruptelas democráticas…) e, se non entras, agárdate a clandestinidade e a persecución, porque diso se trataron os Pactos da Moncloa de 1977, de crear o marco para
a instauración do capitalismo moderno no estado español ao tempo que se controlaba quen era e quen non era de fiar para o sistema.

As correas de transminisión comunicativas do sistema (El Pais, El Mundo, La Razón, ABC, Ser, Cope, La Sexta…) xa están a encher as páxinas e tertulias da bonanza dunha reedición dos pactos, da talla política de aqueles homes. Pablo Iglesias, o que ía romper co Réxime do 78, xa desenpolvou o peluquín de Carrillo. O caldo está servido, pero a nós só nos gusta comer o caldo que cociñamos nós.

Levan un mes coa fórmula da unidade e a bandeira para que ninguén teña a ocurrencia de falar de autodeterminación, referendos ou nacionalidades históricas; só un demente egoísta podería facer isto cando está en xogo a supervivencia de
España.

Estes novos Pactos da Moncloa teñen por finalidade deixar todo ben atado para que o capitalismo recupere parte do perdido nestes días e, ao mesmo tempo, aproveitarán a
conxuntura para pasar o rodillo de España e eliminar calquera discurso soberanista máis alá do ultranacionalismo español. Levan un mes coa fórmula da unidade e a bandeira para que ninguén teña a ocurrencia de falar de autodeterminación, referendos ou nacionalidades históricas; só un demente egoísta podería facer isto cando está en xogo a supervivencia de
España.

Dende a CUT avisamos da xogada que agochan estes novos Pactos da Moncloa: represión, neoliberalismo salvaxe e españolismo. E non só avisamos, propomos tamén a construción da unidade na disidencia para defender os dereitos do pobo traballador, o dereito de autodeterminación dos pobos e o dereito a exercer a nosa liberdade mediante o compromiso.

propomos tamén a construción da unidade na disidencia para defender os dereitos do pobo traballador, o dereito de autodeterminación dos pobos e o dereito a exercer a nosa liberdade mediante o compromiso.

Achéganse tempos nos que o prioritario non vai ser a loita pola supervivencia dunhas siglas ou unha vitoria electoral; achéganse tempos nos que a principal batalla vai ser a ideolóxica e para gañala precisamos xenerosidade e solidariedade nas organizacións que estean pola labor de combater, no campo que sexa, ao capital e as súas ferramentas de patria totalitaria.