As traballadoras da empresa GKN Driveline (Vigo) mobilizáronse este domingo contra a grave situación laboral que atravesan. A empresa anunciou un ERE que podería afectar a até 75 persoas traballadoras, ao tempo que incumpre compromisos asinados, recorta dereitos laborais e intenta impoñer unha negociación baseada no medo e na chantaxe.
GKN Driveline Vigo atópase inmersa na negociación dun convenio colectivo caducado desde finais de 2024, negociación secuestrada pola empresa mediante o anuncio do ERE e outras medidas de presión, forzando unha negociación baixo ameaza que vulnera gravemente o dereito fundamental da plantilla á negociación colectiva.

O cadro de persoal seguirá mobilizado mentres a empresa non inicie unha negociación real de boa fe e retire a ameaza de despedimentos.












