Contra o ERTE-ERE en Stellantis Vigo

237

A CUT CITROËN oponse á sinatura do novo ERTE-ERE onde a única favorecida é, unha vez máis, a empresa.

STELLANTIS VIGO usa de xeito abusivo os Expedientes de Regulación de Emprego como unha práctica habitual e como unha ferramenta para as súas necesidades organizativas e produtivas. Dende hai máis  dunha década coa connivencia dos sindicatos cómplices levan practicando ano tras ano expedientes de regulación de emprego que, en moitas ocasións, son usados con carácter preventivo e dos que sempre pagan as consecuencias a clase traballadora e o erario público, sen que por parte de Citroën se asuma a súa responsabilidade social. ERTE´s que, coma reiteramos a pesares de ter nas dúas liñas de produción con 4 quendas de traballo, sempre foi unha figura que a empresa utilizou como un mecanismo máis  de flexibilidade e de rendemento económico.

Dende a CUT Citroën entendemos que con este ERTE-ERE a empresa consegue incidir no incremento de mecanismos de flexibilidade xa de por si abusivos, engadindo unha nova modificación bolsa de horas posibilitando o incremento da débeda de horas coa empresa ate -35 días, un calendario á demanda de Citroën e sen confirmar as vacacións de verán, seguiremos cos preavisos á carta e pendentes do teléfono para saber se traballamos ou non, mobilidade funcional das persoas traballadoras do colectivo técnico ao taller, con “medidas que din son de acompañamento social”, poder establecer quendas variables desregularizando aínda máis a nosa xornada de traballo, que levarán aparellada a posibilidade de reducir xornada ou incluso incrementar o noso horario por encima das 8 horas diarias, moi contrario a medida solicitada, ademais coa posibilidade de sábados extra e domingos noite incluídos.

O único compromiso da dirección é que “estudiará” o acceso á xubilación parcial, e a creación dun centro especial de emprego propio. Un ERE/ERTE sen contrapartidas para as persoas traballadoras do centro.

Seguen mantendo as extincións de contrato de 100 postos de traballo, á vez que seguen solicitando ao goberno axudas públicas, que lonxe de manter o emprego ou incrementalo, seguramente servirán para pagar indemnizacións. E todo, reiteramos, con cargo ao erario publico.

O propio presidente de Xunta de Galicia avoga e critica ao goberno de España por non facilitar as axudas que demanda Citroën, axudas públicas sen ningún compromiso de creación ou mantemento de emprego.