A CUT ven de iniciar unha campaña na comarca de Ourense denunciando a represión sindical no seo da empresa de distribucion farmacéutica COFARES.
“Apenas un mes despois de que as traballadoras lle comunicasen á empresa a constitución dunha sección sindical da CUT, a empresa contestou co despedimento das tres compañeiras que asumiron a portavocía da sección.”
Apenas un mes despois de que as traballadoras do almacén situado en San Cibrao das Viñas lle comunicasen á empresa a constitución dunha sección sindical da CUT -como primeiro paso para artellar unha resposta aos abusos que sofre a totalidade do cadro de persoal en termos de distribución da xornada e cambios de turno sen previo aviso- a empresa contestou co despedimento das tres compañeiras que asumiron a portavocía da sección.
“O sindicato comezou unha campaña baixo o lema “COFARES REPRIME, NON MÁIS DESPEDIMENTOS, NON MÁIS REPRESIÓN SINDICAL, NON MÁIS EXPLOTACIÓN co fin de percorrer as farmacias da cidade poñendo en coñecemento das prácticas represivas, de control e explotación”
Ante esta situación o sindicato comezou unha campaña baixo o lema “COFARES REPRIME, NON MÁIS DESPEDIMENTOS, NON MÁIS REPRESIÓN SINDICAL, NON MÁIS EXPLOTACIÓN”. Campaña iniciada co fin de percorrer as farmacias asociadas á empresa na cidade, poñendo en coñecemento das prácticas represivas, de control e explotación que a cooperativa farmacéutica impón ao persoal de almacén.
Dende a CUT valoramos moi positivamente a actitude e acollida da campaña por parte dos establecementos farmacéuticos.
Non pararemos até a readmisión das nosas compañeiras. Nin pararemos ata que o centro deixe de vulnerar os dereitos das traballadoras.