O mércores 12 de xaneiro estivemos nas rúas de Vigo contra a nova reconversión do sector naval. Na praza das Travesas escoitouse ben claro que os traballadores e traballadoras do naval comezamos unha nova xeira de mobilizacións para frear os intereses da patronal, que non son outros que recibir centos de millóns de euros dos cartos públicos para logo desmantelar o sector e levar o traballo ala onde a sacrosanta globalización lles permita explotar máis aínda a man de obra.A situación do sector camiña polo absurdo, apuran a entrega dos barcos facendo horas extra todos os días (e cando dicimos todos os días dicimos tamén sábados e domingos) ao tempo que botaron a rúa xa a case 5.000 compañeiros e compañeiras. A actitude dos sindicatos maoritarios é a da complicidade, ben sexa directa porque están no “negocio” ou ben sexa “conscientemente indirecta” por inanición.A CUT seguirá coas mobilizacións e agarda tamén neste caso que os intereses dos traballadores e traballadoras do sector estea por riba dos intereses das siglas sindicais para que así poidamos dar a resposta contundente que require a situación. Na concentración de onte marcamos o inicio dun camiño que comeza coa forza dunha folga xeral, e asi dixemos CONTRA A RECONVERSIÓN NAVAL, O 27 FOLGA XERAL!!