Contra a OPE 2021 do 2022

320

A CUT-Ensino quere denunciar unha vez máis a maquinaria do ERE en cuberto tras acordar 1 ano máis de proceso de falsa estabilización, esta vez convocando máis prazas para o ano 2022.
Unha nova convocatoria, pero coas formas de sempre: ir contra as directivas europeas que ditaminan falla de solución para os dereitos das traballadoras abusadas pola temporalidade.
A Xunta, coma sempre, sorda e cega, non  recoñece o problema e semella que non sabe nada das mobilizacións e ILP presentada no Parlamento contra o abuso da temporalidade.
Nada de nada, estilo Feijóo: impoñer porque si, porque poden, teñen o mando e utilízano para pisotear os dereitos das traballadoras. Unha vez máis.

Outra oportunidade perdida para darlle unha saída ao problema do abuso da temporalidade, mais non vaia ser que a Xunta recoñeza a súa neglixencia e incapacidade convocando procesos xustos de consolidación. Prefiren deixar tiradas a miles de traballadoras tras anos de entrega e dedicación. Traballadoras de quita e pon que todos os anos cambian de centro e solucionánlle a papeleta á Xunta mentres dan un servizo esencial á sociedade.
Feijóo é inimigo do ensino e das traballadoras temporais máis se cabe aínda. Quizais acorda os seus tempos de interino e sindicalista, escuro pasado que mellor esconder agora que é El-Rei.

Por outro lado, e negando os dereitos laborais adquiridos e os permisos usados para tentar aprobar polas tan poucas axeitadas datas das probas, queremos denunciar a total falta de previsión e o mal facer da Consellería de Educación por canto rouba un dereito a moitas profesoras de diversas especialidades: non poderán pedir permisos porque pode chegar a non haber substitutos nesa lista. Pódese ser máis inútil? Como pode ser que sexa negado un dereito gañado con esforzo e loita porque son uns incapaces na Consellería. Vergoña pura!