Continúan as mobilizacións contra o confinamento dos servizos públicos!

120

O próximo xoves 25 de febreiro ás 12h sairemos de novo ás rúas baixo o lema “Non ao confinamento dos servizos públicos” para seguir denunciando que, coa escusa da COVID-19, está a precarizarse a atención ao público destes servizos.

As concentracións terán lugar en Vigo, diante da delegación do Sergas (rúa García Barbón, 51), e en Compostela, diante do Rexistro Auxiliar do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 14).

Por uns servizos públicos de calidade, porque non recorten os nosos dereitos: tomemos de novo as rúas!