Continua o conflito en Psa Vigo polo aumento de cadencia e cargas de traballo

A dirección da empresa fai oídos xordos. CUT, CCOO E CIG solicitan a mediación do AGA na resolución do conflito

260

CUT, CCOO e CIG ante o inmobilismo da empresa :

  • Hoxe non acudiron a presentación da nova furgoneta K9 ao comité de empresa, tendo solicitada unha xuntanza dende a semana pasada a Dirección da empresa vende normalidade, e non convoca aos sindicatos para escoitar as reivindicacións e tentar chegar a un acordo cos representantes dos traballadores.
  • Os tres sindicatos veñen de solicitar a mediación do AGA ( servizo de mediación da xunta de Galicia), para que a empresa se sente a negociar en aras de evitar unha maior conflitividade.
  • O sábado 1 de xullo ás 11.30 esta convocada unha concentración diante da porta de PSA Vigo.
  • Maña 27 xuño e nas tres quendas de bocadillo da M1, celebrarase asemblea conxunta de bocadillo para informar aos traballadores/as.