Os traballadores afiliados da CUT en FOMENTO DE CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS, empresa que ten a concesión de limpeza e recollida de residuos sólidos e urbanos no Concello de Vigo, constituíron a Sección Sindical da Central Unitaria de Traballadores/as nesa empresa o pasado venres. O conxunto destes traballadores decidiu nomear coma delegado da Sección a Carlos Da Silva Fernández. O obxectivo de traballo inmediato será abrir unha fenda que permita cambiar a forma de exercer as relacións entre traballadores e empresa que ata agora ten o Comité de Traballadores. Os compañeiros de FCC pretenden facer un traballo de clase e asembleario onde sexa o conxunto dos traballadores e traballadoras o que marque o camiño a seguir, e non as directrices de tres ou catro que só serven intereses burocráticos. A curto prazo tamén, está a elaboración dunha plataforma para a negociación do convenio. A CUT dálle a benvida a esta nova sección sindical e lle aportará todo o apoio posíbel para lograr os obxectivos marcados. Nos tempos de loita que se aveciñan para o proletariado, agora máis que nunca, será necesario artellar unha rede de seccións sindicais nos centros de traballo para facer ver a problemática de cada sector e logo xuntar todas as nosas forzas na defensa da clase obreira. Comezamos o camiño en FCC.