CONFERENCIA NACIONAL “FIANDO O SINDICALISMO DE CLASE”

72

Lembramos a nosa afiliación que o sábado 29 de outubro celebraremos unha nova Conferencia Nacional baixo o lema “FIANDO O SINDICALISMO DE CLASE” na cidade de Compostela. O comezo será ás 10 horas e ten previsto o remate ás 13:30 horas. A data tope para apuntarse á conferencia é o día 21 de outubro, e poderán asistir todos os afiliados e afiliadas coas cotas ao día. Sairá un autobús dende a Estación de Cangas ás 8:30 horas, que fará parada no  antigo reitorado de Vigo (esquina Areal rúa Oporto) ás 9 horas.