CONFERENCIA EN COMPOSTELA

61

O venres 30 de setembro, ás 20 horas na Facultade de Historia de Compostela, a CUT organiza unha conferencia sobre a política capitalista da Unión Europea e a súa incidencia en Galicia. Dita conferencia correrá a cargo de Xosé Manuel Beiras, e encádrase dentro do ciclo de formación que a CUT ten elaborado para a súa afiliación.

Na conxuntura actual é de vital importancia termos os datos suficientes para contrarestar os argumentos falaces que utilizan as forzas políticas alienadas co sistema, sexan da cor que sexan, e que sempre son contrarios aos intereses da clase traballadora. Dende que no ano 2007 soubemos desta nova crise do capitalismo, agora sistémica, as reformas contrarias aos nosos intereses foron implatándose con total naturalidade e responsabilzando da miseria capitalista ao pobo traballador. É hora de saber porque chegamos a esta situación.