Coñece e difunde o texto da ILP pola consolidación de emprego

1287

O 22 de febreiro de 2021 a CUT rexistrou ante o Parlamento de Galiza a Iniciativa Lexislativa Popular para a extraordinaria consolidación de emprego e adquisición de fixeza do persoal en fraude ao servizo do Sector Público Galego.

Segundo a Lei de LEI 7/2015, do 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá a Mesa do Parlamento deberá resolver no prazo dun mes sobre a súa admisión a trámite. Logo desa decisión poderemos iniciar a recollida de sinaturas, ata conseguir as 10.000 que se requiren. Temos que conseguir que esta proposta, sinxela e clara, se leve a debate no Parlamento de Galiza.

Esta proposta está dirixida á celebración dun concurso de méritos que sirva para que o persoal en abuso (sexa laboral, estatutario temporal ou funcionariado interino) ao servizo da Administración galega e as súas entidades dependentes adquira a condición de persoal fixo e se lle poña couto dunha vez por todas á discriminación e á explotación laboral no noso emprego público, e que este drama non se repita.

Podes ler o texto completo a continuación, ou descargalo aquí:

ILP CONSOLIDACION EMPREGO DIFUSION