A sala do Contencioso do Tribunal Supremo emitiu a sentenza 1081/2022 pola que declara procedente a valoración do tempo traballado como funcionario interino e funcionario en prácticas no concurso de traslados xeral estatal entre persoal dos corpos docentes.
Este recoñecemento chega moitos anos despois de ser promulgada a directiva europea que así o establecía, xa nos anos 90, pero que o estado español desobedecía de forma reiterada. O contexto actual de presión europea sobre a temporalidade e a igualdade no recoñecemento do traballo de temporais e fixos, fai que dunha vez por todas o TS dite unha senteza que na Galiza leva xa anos vixente no CXT autonómico.
Por todo o exposto é necesario a modificación do RD 1364/2010 que regula o concurso de traslados de ámbito estatal que quedará redactado do seguinte modo e atópase pendente de publicación:
Un. Os apartados 1.2. e 1.3. do Anexo I que establece as especificacións ás que deben axustarse os baremos de prioridades na adxudicación de destinos por medio de concursos de traslados de ámbito estatal nos corpos de funcionarios docentes que imparten docencia, quedan redactados nos seguintes termos:
1.2. Antigüedade no corpo
1.2.1. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario de carreira, en prácticas ou interino nalgún dos corpos a que corresponde a vacante: 2,000 puntos. As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.
1.2.2. Por cada ano de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira, en prácticas ou interino, noutros corpos docentes aos que se refire a LOE do mesmo ou superior subgrupo: 1,5000 puntos.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1250 puntos por cada mes completo.
1.2.3. Por cada ano de servizos efectivos prestados como persoal funcionario de carreira, en prácticas ou interino, noutros corpos docentes aos que se refire a LOE de subgrupo inferiros: 0,7500 puntos.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0625 puntos por cada mes completo.
Esta modificación tamén se aplica nos corpos de Catedráticos de Ensino Secundario, Escolas de Idiomas e de Artes Plásticas e Deseño e nos corpos de Inspectores ao servizo da administración educativa e de Educación.
Espérase que esta medida afecte a máis de 540.000 docentes aos que non se lles tiña en conta o tempo traballado como docentes na etapa previa ao obter nomeamento como funcionarios de carreira.
En calquera caso, a tramitación dos RD é lenta e por tanto é pouco probable que este cambio afecte ao concurso xeral de traslados estatal o curso 22/23.